Esta é a plataforma de participación das Asembleas Abertas do Ensino Público, creada para realizar consultas ao profesorado do ensino público galego dun xeito seguro, transparente e verificable.
Esta plataforma emprega Helios, un software libre de votación electrónica. A identificación das persoas participantes serve para comprobar o dereito a participar e evitar votos duplicados, pero non para coñecer o contido do voto: a papeleta cífrase no propio navegador antes de ser enviada.
Helios permite ademais comprobar que cada voto foi correctamente recibido e incluído no escrutinio mediante un código de seguimento, e ofrece mecanismos de verificación criptográfica do proceso.
Se é a primeira vez que participas ou tes algunha dúbida sobre o proceso, podes consultar a nosa guía de votación paso a paso. Nela explicámosche como votar, identificarte co correo corporativo e comprobar que a túa papeleta quedou rexistrada.
Participa na consulta e fai valer a túa voz. A enquisa que atoparás a continuación leva só uns minutos e axudaranos a tomar decisións colectivas cunha participación o máis ampla posible.